7 ago 2013

Para cantar... coma Raices combinadas

Fun ver a Matilda á súa casa e, para agradecerlle todo canto nos ensinou, leveille un álbum cos fotos da visita e un disco no que gravei as pists que xa publicamos neste blog. Ela, xenerosa coma decote, agasoullome unhas letrillas tradicionais que quero compartir con vós:
Aghora que ven o vran
alegría meus señores!
que anda a xente de fora
mirando pros labradores

Non bailes tanto con ela
que, anque está en casa ghrande,
paghan a renda por ela.

O meu amos vai no Rei,
Dios o aparte das balas!
Dios o deixe vir cumplir,
palabras que deixou dadas!

 Quérolle á miña nai
que lle debo de querer,
que me tivo nove meses
onde nadie me foi ver.

Non quero ir ó muiño,
 nin barrer no tremiñado,
que despois, no outro mundo,
piden contas do roubado.

Ala! A cantar!

8 jul 2013

Matilda: enredos e formación do grupo Raices Combinadas

Publicamos hoxe os dous últimos cortes da entrevista que lle fixemos en Febreiro a Matilda de Limiñoa. O podcast completo. Temos moito mási material pois o encontro prolongouse máis dunha hora pero, de momento abonda. Nesta ocasión escollemos cortes nos que Matilda nos propón algúns enredos (e cos que rimos moito!) e outro no que nos explica como se chegou á formación do grupo que hoxe teñen. Grazas de novo a esta muller animosa, forte, admirable... por canto nos ensinou e por facelo dun xeito tan, tan didáctico e ameno.

16 jun 2013

Libro da musica tradicional

Os nenos e nennas de 6ºA este ano escolleron o oficio de músicos. E andiveron a aprender cousas sobre el: desde a construcción de instrumentos tradicionais vexetais da man de Emilio Lois, ata a entrevista a Matilda de Limiñoa, pasando polo poema de Rosalía que tan ben recitaron. Reunimos todo este traballo neste libro que vos presentamos e en breve teremos na biblioteca en formato papel. Un placer!

12 jun 2013

Taller instrumentos


 O pasado martes tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos

25 may 2013

Un repoludo gaiteiro

Os nenos e nenas de 6º A recitan a Rosalía. Escolleron este poema porque este ano andiveron a aprender cousas e cousiñas sobre a música tradicional... e os músicos!

13 abr 2013

5º entrevista a unha bombeira

En 5º decidiron entrevistar a unha muller bombeira. E estas son as imaxes do enconro que tivo lugar o pasado mércores.

11 mar 2013

Maruja Mallo, muller traballadora.

Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe accederedes á presentación da súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación.