27 feb 2013

Matilde 2: A escola. Raices combinadas

Velaí a Matilde, agora falándonos do seu tempo escolar.

A canción

Esta canción petence a unha das primeiras edicións de Cantareliña e, anque ten moitos anos, segue a ser perfecta, por exemplo, para o tema que nos ocupa este ano e, como xa víchedes, dá titulo a este espazo de traballo. Que serei, que serás? mariñeiro, costureira, carpinteiro, tecelana

24 feb 2013

Matilda de Limiñoa. A música

O pasado mércores foi un día moi intenso. Entre outras cousas, que xa vos iremos contando, tiñamos unha cita pola tarde con Matilde Castro, máis coñecida como Matilda de Limiñoa.

Trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes unha claridade, frescura e naturalidade... envexable.

Produceunos unha impresión fantástica e non quitabamos ollo (nin ouvido) a canto nos contaba.

Os nenos e nenas de 6ºA, que andan metidos no coñecemento da música tradicional, prepararan unha entrevista da que aquí vos deixo (de momento) os cortes relacionados coa música porque máis dunha hora de encontro deu para moito: hai preguntas de diversos temas e, a todas elas Matilda respondeu volcándose, poñendo á nosa disposición a súa lúcida memoria, o seu orden mental exquisito e unha risa cantareira que encheu de ledicia unha tarde inesquecibel.

A Matilda: GRAZAS, de corazón.
E aos autores e autoras da entrevista: GRAZAS tamén, por ter preparado este traballo con tanta profesionalidade.
Esta primeira parte da entrevista é algo máis longa que as demáis pois é claro que A MÚSICA foi o tema no que máis nos exetendemos, dura dazaseis minutos pero aconsellamos que escoitedes con atención pois contén auténticas perlas:


22 feb 2013

Taller con Emilio Lois


O profesor Emilio Lois impartirá para nós un taller de construcción de instrumentos tradicionais de orixe vexetal o vindeiro martes día 12 de Marzo pola tarde.
 Xa tendes visto os vídeos nos que explica pormenorizadamente a construcción de varios deles. Agora deixovos o enlace ao podcast do Servizo de Normalización Linguística da Universidade da Coruña:

  Ir a descargar

17 feb 2013

Aprendendo a facer pan



 Na aula de 3 anos escolleron o oficio de Panadeiros/as e a finais de xaneiro fóronse á panedería Forno Novo a aprender. Non vos perdades esas imaxes tan fermosas que captaron as profes Silvia e Lorena mentres a panadeira ensinaba todo o seu saber. Mirade que alumnos/as tan aventaxados! AQUÍ podedes ver toda a reportaxe

16 feb 2013

Arte contemporánea


O Pasado venres os nenos e nenas de 3º fóronse a Corme co obxectivo de visitar o Museo de Arte Contemporánea que ten nesa vila a Fundación Torre Pujales.
Como xa sabedes, este curso eles escolleron como oficio de pintor. 
Deixovos o enlace á noticia que trouxo o xornal .

7 feb 2013

Xogo

velaí ese xogo para aprender máis sobre o tema que andamos a traballar.

Preme sobre a imaxe e xa poderás xogar.
Se tes dificultades, PREME AQUÍ

O traballo debémosllo á profesora Luz Díaz, a quen llo agradecemos.