PDI do curso 2012/13 sobre Oficios e Profesións. CEIP Milladoiro. Malpica de Bergantiños (A Coruña)
16 jun 2013
Libro da musica tradicional
Os nenos e nennas de 6ºA este ano escolleron o oficio de músicos. E andiveron a aprender cousas sobre el: desde a construcción de instrumentos tradicionais vexetais da man de Emilio Lois, ata a entrevista a Matilda de Limiñoa, pasando polo poema de Rosalía que tan ben recitaron.
Reunimos todo este traballo neste libro que vos presentamos e en breve teremos na biblioteca en formato papel.
Un placer!
12 jun 2013
Taller instrumentos
O pasado martes tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos
25 may 2013
Un repoludo gaiteiro
Os nenos e nenas de 6º A recitan a Rosalía.
Escolleron este poema porque este ano andiveron a aprender cousas e cousiñas sobre a música tradicional... e os músicos!
13 abr 2013
5º entrevista a unha bombeira
En 5º decidiron entrevistar a unha muller bombeira. E estas son as imaxes do enconro que tivo lugar o pasado mércores.
11 mar 2013
Maruja Mallo, muller traballadora.
Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe accederedes á presentación da súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación.
7 mar 2013
Describindo os instrumentos tradicionais
Esa que vedes é a capa dun libro esencial no tema da música tradicional pero... ¡que está esgotado! Andamos a ver se conseguimos algún exemplar que aínda ande por aí esquecido :-)
O autor é Pablo Carpintero a quen xa coñecechedes a través do videos que nos fixo chegar Emilio Lois.
Mentre o libro aparece (ou non) deixovos un enlace á páxina do Consello da Cultura Galega, na que o propio Pablo Carpintero define e explica cada un dos instrumentos
Imaxes do taller
O autor é Pablo Carpintero a quen xa coñecechedes a través do videos que nos fixo chegar Emilio Lois.
Mentre o libro aparece (ou non) deixovos un enlace á páxina do Consello da Cultura Galega, na que o propio Pablo Carpintero define e explica cada un dos instrumentos
Imaxes do taller
6 mar 2013
Trapecista: Pinito del Oro
Presentación de Pinito del Oro from bemilladoiro on Vimeo.
Os nenos e nenas de 6ºB interesáronse na vida desta ilustre artista de circo canaria. Unha muller que viviu tempos difíciles e, co seu esforzo e traballo "chegou moi alto" na súa profesión.
Primeiro contáronnos a súa vida e logo proxectáronnos este pequeno filme que fixeron eles mesmos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
