Fun ver a Matilda á súa casa e, para agradecerlle todo canto nos ensinou, leveille un álbum cos fotos da visita e un disco no que gravei as pists que xa publicamos neste blog.
Ela, xenerosa coma decote, agasoullome unhas letrillas tradicionais que quero compartir con vós:
Aghora que ven o vran
alegría meus señores!
que anda a xente de fora
mirando pros labradores
Non bailes tanto con ela
que, anque está en casa ghrande,
paghan a renda por ela.
O meu amos vai no Rei,
Dios o aparte das balas!
Dios o deixe vir cumplir,
palabras que deixou dadas!
Quérolle á miña nai
que lle debo de querer,
que me tivo nove meses
onde nadie me foi ver.
Non quero ir ó muiño,
nin barrer no tremiñado,
que despois, no outro mundo,
piden contas do roubado.
Ala! A cantar!
PDI do curso 2012/13 sobre Oficios e Profesións. CEIP Milladoiro. Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Mostrando entradas con la etiqueta matilde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matilde. Mostrar todas las entradas
7 ago 2013
8 jul 2013
Matilda: enredos e formación do grupo Raices Combinadas
Publicamos hoxe os dous últimos cortes da entrevista que lle fixemos en Febreiro a Matilda de Limiñoa.
O podcast completo.
Temos moito mási material pois o encontro prolongouse máis dunha hora pero, de momento abonda.
Nesta ocasión escollemos cortes nos que Matilda nos propón algúns enredos (e cos que rimos moito!) e outro no que nos explica como se chegou á formación do grupo que hoxe teñen.
Grazas de novo a esta muller animosa, forte, admirable... por canto nos ensinou e por facelo dun xeito tan, tan didáctico e ameno.
27 feb 2013
Matilde 2: A escola. Raices combinadas
Velaí a Matilde, agora falándonos do seu tempo escolar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)