7 ago 2013

Para cantar... coma Raices combinadas

Fun ver a Matilda á súa casa e, para agradecerlle todo canto nos ensinou, leveille un álbum cos fotos da visita e un disco no que gravei as pists que xa publicamos neste blog. Ela, xenerosa coma decote, agasoullome unhas letrillas tradicionais que quero compartir con vós:
Aghora que ven o vran
alegría meus señores!
que anda a xente de fora
mirando pros labradores

Non bailes tanto con ela
que, anque está en casa ghrande,
paghan a renda por ela.

O meu amos vai no Rei,
Dios o aparte das balas!
Dios o deixe vir cumplir,
palabras que deixou dadas!

 Quérolle á miña nai
que lle debo de querer,
que me tivo nove meses
onde nadie me foi ver.

Non quero ir ó muiño,
 nin barrer no tremiñado,
que despois, no outro mundo,
piden contas do roubado.

Ala! A cantar!

8 jul 2013

Matilda: enredos e formación do grupo Raices Combinadas

Publicamos hoxe os dous últimos cortes da entrevista que lle fixemos en Febreiro a Matilda de Limiñoa. O podcast completo. Temos moito mási material pois o encontro prolongouse máis dunha hora pero, de momento abonda. Nesta ocasión escollemos cortes nos que Matilda nos propón algúns enredos (e cos que rimos moito!) e outro no que nos explica como se chegou á formación do grupo que hoxe teñen. Grazas de novo a esta muller animosa, forte, admirable... por canto nos ensinou e por facelo dun xeito tan, tan didáctico e ameno.

16 jun 2013

Libro da musica tradicional

Os nenos e nennas de 6ºA este ano escolleron o oficio de músicos. E andiveron a aprender cousas sobre el: desde a construcción de instrumentos tradicionais vexetais da man de Emilio Lois, ata a entrevista a Matilda de Limiñoa, pasando polo poema de Rosalía que tan ben recitaron. Reunimos todo este traballo neste libro que vos presentamos e en breve teremos na biblioteca en formato papel. Un placer!

12 jun 2013

Taller instrumentos


 O pasado martes tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos

25 may 2013

Un repoludo gaiteiro

Os nenos e nenas de 6º A recitan a Rosalía. Escolleron este poema porque este ano andiveron a aprender cousas e cousiñas sobre a música tradicional... e os músicos!

13 abr 2013

5º entrevista a unha bombeira

En 5º decidiron entrevistar a unha muller bombeira. E estas son as imaxes do enconro que tivo lugar o pasado mércores.

11 mar 2013

Maruja Mallo, muller traballadora.

Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe accederedes á presentación da súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación.

7 mar 2013

Describindo os instrumentos tradicionais

Esa que vedes é a capa dun libro esencial no tema da música tradicional pero... ¡que está esgotado! Andamos  a ver se conseguimos algún exemplar que aínda ande por aí esquecido :-)
O autor é Pablo Carpintero a quen xa coñecechedes a través do videos que nos fixo chegar Emilio Lois.
Mentre o libro aparece (ou non) deixovos un enlace á páxina do Consello da Cultura Galega, na que o propio Pablo Carpintero define e explica cada un dos instrumentos



Imaxes do taller

6 mar 2013

Trapecista: Pinito del Oro


Presentación de Pinito del Oro from bemilladoiro on Vimeo.
Os nenos e nenas de 6ºB interesáronse na vida desta ilustre artista de circo canaria. Unha muller que viviu tempos difíciles e, co seu esforzo e traballo "chegou moi alto" na súa profesión.

 Primeiro contáronnos a súa vida e logo proxectáronnos este pequeno filme que fixeron eles mesmos.

Susana Seivane. Semana da Muller Traballadora I



Comezamos a Semana da Muller Traballadora coa exposición dos nenos e nenas de 6ºA. Fixeron a biografía de Susana Seivane e, a propia artista, a través do correo electrónico con Sofía Ures, correxiu os datos que non eran exactos.
 Así que, esta presentación ten a categoría de Biografía Autorizada.
Para nós foi moi valioso que esta muller, famosa no mundo enteiro, estivera tan disposta a axudarnos e falar directamente con nós.
Foi algo que nos gustou moito, moito.
Velaí un exemplo de muller traballadora.

27 feb 2013

Matilde 2: A escola. Raices combinadas

Velaí a Matilde, agora falándonos do seu tempo escolar.

A canción

Esta canción petence a unha das primeiras edicións de Cantareliña e, anque ten moitos anos, segue a ser perfecta, por exemplo, para o tema que nos ocupa este ano e, como xa víchedes, dá titulo a este espazo de traballo. Que serei, que serás? mariñeiro, costureira, carpinteiro, tecelana

24 feb 2013

Matilda de Limiñoa. A música

O pasado mércores foi un día moi intenso. Entre outras cousas, que xa vos iremos contando, tiñamos unha cita pola tarde con Matilde Castro, máis coñecida como Matilda de Limiñoa.

Trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes unha claridade, frescura e naturalidade... envexable.

Produceunos unha impresión fantástica e non quitabamos ollo (nin ouvido) a canto nos contaba.

Os nenos e nenas de 6ºA, que andan metidos no coñecemento da música tradicional, prepararan unha entrevista da que aquí vos deixo (de momento) os cortes relacionados coa música porque máis dunha hora de encontro deu para moito: hai preguntas de diversos temas e, a todas elas Matilda respondeu volcándose, poñendo á nosa disposición a súa lúcida memoria, o seu orden mental exquisito e unha risa cantareira que encheu de ledicia unha tarde inesquecibel.

A Matilda: GRAZAS, de corazón.
E aos autores e autoras da entrevista: GRAZAS tamén, por ter preparado este traballo con tanta profesionalidade.
Esta primeira parte da entrevista é algo máis longa que as demáis pois é claro que A MÚSICA foi o tema no que máis nos exetendemos, dura dazaseis minutos pero aconsellamos que escoitedes con atención pois contén auténticas perlas:


22 feb 2013

Taller con Emilio Lois


O profesor Emilio Lois impartirá para nós un taller de construcción de instrumentos tradicionais de orixe vexetal o vindeiro martes día 12 de Marzo pola tarde.
 Xa tendes visto os vídeos nos que explica pormenorizadamente a construcción de varios deles. Agora deixovos o enlace ao podcast do Servizo de Normalización Linguística da Universidade da Coruña:

  Ir a descargar

17 feb 2013

Aprendendo a facer pan



 Na aula de 3 anos escolleron o oficio de Panadeiros/as e a finais de xaneiro fóronse á panedería Forno Novo a aprender. Non vos perdades esas imaxes tan fermosas que captaron as profes Silvia e Lorena mentres a panadeira ensinaba todo o seu saber. Mirade que alumnos/as tan aventaxados! AQUÍ podedes ver toda a reportaxe

16 feb 2013

Arte contemporánea


O Pasado venres os nenos e nenas de 3º fóronse a Corme co obxectivo de visitar o Museo de Arte Contemporánea que ten nesa vila a Fundación Torre Pujales.
Como xa sabedes, este curso eles escolleron como oficio de pintor. 
Deixovos o enlace á noticia que trouxo o xornal .

7 feb 2013

Xogo

velaí ese xogo para aprender máis sobre o tema que andamos a traballar.

Preme sobre a imaxe e xa poderás xogar.
Se tes dificultades, PREME AQUÍ

O traballo debémosllo á profesora Luz Díaz, a quen llo agradecemos.

18 ene 2013

Os Oficios


No 2008, en Ourense celebrouse a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

Nesa mostra, os oficios tradicionais tiveron unha importante presenza e a Universidade de Vigo encargouse de deixala debidamente documentada. 

 Premendo NESTE ENLACE podedes ver tódolos videos sobre os diferentes oficios tradicionais que están aloxados na súa páxina oficial.

AQUI, podes ver como se constrúen diferentes instrumentos tradicionais de orixe vexetal (os que facían os rapaces) da man do profesor Emilio Lois que será quen vos imparta o taller.

 E AQUI un traballo universitario sobre a música tradicional.

11 ene 2013

Árbores, para comezar

A primeira actividade relacionada co proxecto foi adornar as árbores de Nadal con imaxes alusivas ó oficio escollido. Finalmente foron: Panaderiso/as, Pasteleiros/as e Xardineiros/as en E.I., Mariñeiros/as en 1º; Cociñeiros/as 2n 2º; Pintores/as en 3º; Zapaterios/as en 4º; Bombeiros/as en 5º e Músicos/as e Policias en 6º. Premendo sobre a árbore de 6º A pódense ver as outras.