12 jun 2013

Taller instrumentos


 O pasado martes tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos

25 may 2013

Un repoludo gaiteiro

Os nenos e nenas de 6º A recitan a Rosalía. Escolleron este poema porque este ano andiveron a aprender cousas e cousiñas sobre a música tradicional... e os músicos!

13 abr 2013

5º entrevista a unha bombeira

En 5º decidiron entrevistar a unha muller bombeira. E estas son as imaxes do enconro que tivo lugar o pasado mércores.

11 mar 2013

Maruja Mallo, muller traballadora.

Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe accederedes á presentación da súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación.

7 mar 2013

Describindo os instrumentos tradicionais

Esa que vedes é a capa dun libro esencial no tema da música tradicional pero... ¡que está esgotado! Andamos  a ver se conseguimos algún exemplar que aínda ande por aí esquecido :-)
O autor é Pablo Carpintero a quen xa coñecechedes a través do videos que nos fixo chegar Emilio Lois.
Mentre o libro aparece (ou non) deixovos un enlace á páxina do Consello da Cultura Galega, na que o propio Pablo Carpintero define e explica cada un dos instrumentos



Imaxes do taller

6 mar 2013

Trapecista: Pinito del Oro


Presentación de Pinito del Oro from bemilladoiro on Vimeo.
Os nenos e nenas de 6ºB interesáronse na vida desta ilustre artista de circo canaria. Unha muller que viviu tempos difíciles e, co seu esforzo e traballo "chegou moi alto" na súa profesión.

 Primeiro contáronnos a súa vida e logo proxectáronnos este pequeno filme que fixeron eles mesmos.

Susana Seivane. Semana da Muller Traballadora I



Comezamos a Semana da Muller Traballadora coa exposición dos nenos e nenas de 6ºA. Fixeron a biografía de Susana Seivane e, a propia artista, a través do correo electrónico con Sofía Ures, correxiu os datos que non eran exactos.
 Así que, esta presentación ten a categoría de Biografía Autorizada.
Para nós foi moi valioso que esta muller, famosa no mundo enteiro, estivera tan disposta a axudarnos e falar directamente con nós.
Foi algo que nos gustou moito, moito.
Velaí un exemplo de muller traballadora.